Saturday 04 de May de 2024

Alternativa pon en dúbida a transparencia dos orzamentos participativos promovidos polo goberno municipal


Alternativa critica que os orzamentos que se venden como participativos baixo o nome de “Decidámolo Xuntos” son unha trampa máis do Goberno municipal. Ademais non se atopa información pública das iniciativas executadas e os fondos cos que foron realizadas.

Moitas das iniciativas son promesas electorais de Unión por Cambre, que se leva anos traballando nelas ou demandas comúns e habituais da veciñanza. Estas xa deberían estar contempladas nas contas xerais. (Nesa case metade de orzamento que non se executou o pasado ano, por exemplo.)
Alternativa pon en dúbida que determinadas iniciativas saen das propias filas dos grupos gobernantes. Se está a difundir un éxito de participación veciñal que non é tal.

Alternativa, un ano máis, non vai a participar neste engano. O grupo municipal presenta iniciativas e peticións veciñais cada mes.